volver

Asesoramento, apoio, mediación, colaboración, sensibilización, investigación e divulgación nos ámbitos legais relacionados con:

VIOLENCIA DE XÉNERO: FÍSICA, PSICOLÓXICA, SEXUAL, ECONÓMICA

Primeiras actuacións (denuncias, medidas provisionais, actuacións xudiciais en procesos de separación e divorcio, prestacións).

Recursos (privados, institucionais, sanitarios, xurídicos).

Dereitos ( económicos, laborais, sanitarios).

Violencia no entorno virtual e novos delitos (sexting, stalking, ciber-acoso).

Violencia obstétrica (saúde sexual e reprodutiva).

Violencia e inmigración.

Violencia e discapacidade.

IGUALDADE EFECTIVA, TRANSVERSALIDADE E NON DISCRIMINACIÓN POR RAZÓN DE SEXO

Dereitos laborais (acoso sexual, acoso sexista, discriminación, teitos de cristal, segregación vertical e horizontal, conciliación da vida laboral e familiar, paridade, maternidade e obrigas familiares, igualdade de oportunidades, desemprego).

Igualdade de trato en política pública (educativa, vivenda, cultura, creación artística, cooperación ao desenvolvemento).

Paridade e participación equilibrada (listas electorais, Administracións Públicas e Consellos de Administración de empresas).

Publicidade non sexista en medios de comunicación.

Muller no ámbito internacional (o dereito internacional e a protección da muller en conflito armado, os dereitos da muller no sistema de protección das Nacións Unidas).

MULLER NAS ARTES

Propiedade intelectual, dereitos de autor , dereito editorial, dereito audiovisual e lexislación cultural:

Protección da condición de autoría e inscrición de obras no Rexistro da Propiedade intelectual, Entidades de Xestión, Depósitos Notariais.

Actuacións e/ou reclamacións ante Entidades de Xestión Colectiva de Dereitos de Propiedade Intelectual.

Protección de dereitos económicos e morais de quen ostente a autoría.

Resolución extraxudicial e xudicial de conflitos en defensa da Propiedade Intelectual: explotación indebida de dereitos, plaxio, cese de actividade ilícita, indemnización de danos, réxime de gananciais no dereito de autor, hipoteca e embargo de dereitos de autor, herdanza e legado no dereito de autor.

Redacción de contratos, negociación, asesoramento e mediación en todos os sensos artísticos e/ou culturais:

MÚSICA: contratos discográficos, de actuación artística, licencias, patrocinio, de execución musical, management, esponsorización, produción, distribución, posprodución, cesión de dereitos, execución musical.

LETRAS: contratos editoriais en papel e formato dixital, obra por encargo, tradución, impresión, publicacións periódicas, distribución, presentación a premios ou concursos.

AUDIOVISUAL E ARTES ESCÉNICAS: contratos de actuación, produción, episódicos, extras, dobraxe, localización, adquisición de dereitos de obras, adaptacións, representación teatral, de emisión o transmisión de representacións, cesión de dereitos de imaxe e acordos de publicidade.

OBRAS PLÁSTICAS E FOTOGRÁFICAS: contratos de compravenda de obra, acordos entre artista e galerista, cesión de dereitos de imaxe, contrato con aseguradoras de obra artística, tasación de obra, depósitos, préstamos, cesións, doazóns e dacións de obras individuais e coleccións.

NOVAS TECNOLOXÍAS: propiedade intelectual en internet, licencias creative commons, venta de obras on-line, réxime xurídico de páxinas e sitios web, nome de dominio, obras virtuais e transmisións dixitais interactivas.

Propiedade Industrial:

Inscrición, tramitación e protección de: marcas, nomes comerciais, modelos de utilidade, deseños, e nomes de dominio.

Resolución arbitral e xudicial de conflitos en materia de marcas.

Xestión e tramitación ante distintos organismos: Oficina Española de Patentes y Marcas, Organización Mundial da Propiedade Intelectual.

Dereito da publicidade:

Protección de Dereitos de Imaxe. Acordos de Publicidade.

Institucións. Museos. Fundacións. Bibliotecas. Arquivos:

Xestión de Propiedade Intelectual. Mecenazgo. Depósitos, préstamos, cesións, doazóns e dacións de obras individuais e coleccións.